Lugo volverá a ser o centro do mellor voleibol do país

LugoXa
Os Campionatos de España de categorías de canteira xa coñecen as súas sedes para os eventos deste verán.
26 Mar 2024

Os Campionatos de España de categorías de canteira xa coñecen as súas sedes para os eventos deste verán. Deste xeito, Lugo volverá a ser o centro do mellor voleibol do país do 29 de maio ó 2 de xuño.

O Club Voleibol Emevé repite como encargado de organizar o Campionato de España Infantil Masculino. A cidade reunirá aos mellores xogadores da categoría infantil masculino que loitarán polo título. Deste xeito, convértese na única localidade galega que acolle algún dos torneos, pois os resto de citas organízanse por distintos puntos da xeografía española como Valladolid, Móstoles ou Almería, entre outros.

0.20349907875061