Lugo xa ten cartel anunciador do San Froilán 2022

LugoXa
O San Froilán 2022 xa ten cartaz anunciador. O xurado escolleu a obra gañadora entre 40 propostas para as festas e 6 para o San Froilán Miúdo
Carteis san froilan
27 Xuño 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron o cartaz do San Froilán e do San Froilán Miúdo de 2022, escollido polo xurado que se reuniu o pasado martes.

Cruz Lago, Noemí López e Bruno López, que conformaron o xurado que escolleu o cartaz do San Froilán e do San Froilán Miúdo. O xurado escolleu un deseño entre os 40 participantes para o San Froilán e 7 para representar o Miúdo. A autora do cartaz gañador do San Froilán recibirá un premio de 2.000€, mentres que a gañadora do miúdo recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.

A proposta gañadora para o San Froilán foi a obra Sorrisos, de Alfredo León Mañú, e na categoría infantil, escolleuse Ven ao San Froilán, os polbos voarán, de Rosalía Longarela Santos, de 12 anos.

Maite Ferreiro afirmou que “anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores co concurso de deseño do cartaz do San Froilán, un certame xa consolidado entre as deseñadoras e deseñadores”, e engadiu “tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame”.

0.18569397926331