Lugo xa ten os carteis anunciadores das festas do San Froilán

LugoXa
O xurado escolleu unha obra gañadora entre 56 propostas para o San Froilán, e 4 para o San Froilán Miúdo.
xurado cartaz san froilan
27 Jun 2023

O xurado escolleu unha obra gañadora entre 56 propostas para o San Froilán, e 4 para o San Froilán Miúdo.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Miguel Fernández Vázquez, ilustrador e autor de banda deseñada; Shara Martínez Fernández, ilustradora e profesora da Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, e Eva Valle Legido, profesora de deseño de interiores, representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, que conformaron o xurado que escolleu o cartaz da edición 2023 do San Froilán e do San Froilán Miúdo. Maite Ferreiro explicou que “desde o Goberno de Lugo traballamos nunha nova edición do San Froilán, a gran festa do outono galego, que repetirá os éxitos dos últimos anos”.

O xurado escolleu o deseño Homenaxe entre 56 participantes para o San Froilán e Sube ao tren do San Froilán como gañador entre os 4 posibles representantes do San Froilán Miúdo. O autor do cartaz gañador do San Froilán, Jordi Sabat Ortiz recibirá un premio de 2.000€, mentres que a gañadora do miúdo, Mara de Manuel Cerezal, de 10 anos recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.

Maite Ferreiro afirmou que “anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores co concurso de deseño do cartaz do San Froilán, un certame xa consolidado entre as deseñadoras e deseñadores”, e engadiu “tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame”.

carteis san froilan 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20498108863831