Lugomadera escolle a Mari Carmen Gayoso como a súa primeira presidenta

LugoXa
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu este venres a asemblea xeral extraordinaria 2023 de Lugomadera, da que saíu elixida como nova presidenta Mari Carmen Gayoso Montenegro, a primeira muller á fronte do colectivo empresarial A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na clausura da asemblea, un encontro no que participaron ducias de integrantes da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo.
asemblea xeral lugomadera
28 Out 2023

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu este venres a asemblea xeral extraordinaria 2023 de Lugomadera, da que saíu elixida como nova presidenta Mari Carmen Gayoso Montenegro, a primeira muller á fronte do colectivo empresarial

A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na clausura da asemblea, un encontro no que participaron ducias de integrantes da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo.

García Porto felicitou á nova presidenta elixida, Mari Carmen Gayoso Montenegro, quen será a primeira muller á fronte do colectivo.

A deputada aproveitou o encontro para amosar o apoio da Deputación ao sector, á vez que reivindicou un sector madeireiro “forte, moderno e que xere emprego de calidade”. Un sector, dixo, que converta a madeira “en fonte de riqueza e de desenvolvemento do noso rural, e que aproveite o potencial dos nosos montes. En definitiva, un sector forestal puxante que axude a frear a perda de poboación, sexa capaz de atraer empresas e ofreza á mocidade a oportunidade de traballar no rural”. Este é “o modelo de desenvolvemento polo que apostamos dende a Deputación de Lugo. Un desenvolvemento sostible, que aproveite os extraordinarios recursos cos que contamos para xerar riqueza. Por iso, o apoio aos sectores produtivos, nomeadamente ao sector primario, é unha das liñas prioritarias da nosa acción de Goberno, sempre dentro dos recursos dispoñibles e das competencias que temos as administracións locais”, argumentou a voceira.

XUNTA DE GALICIA

A Axencia Galega da Industria Forestal destinou preto de 25 millóns de euros en axudas públicas dende a súa adscrición á Consellería do Medio Rural no ano 2022. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante o acto de clausura da asemblea.

En primeiro lugar, agradeceu o labor desenvolvido nos últimos anos por esta entidade e polo seu ex-presidente, Daniel Díaz, ao que agradeceu unha “actitude de cooperación e busca compartida de acordos para buscar o mellor para o monte” poñendo de relevo a importancia da colaboración público-privada, que permitiu poñer en marcha o Plan Estratéxico da Industria Forestal-Madeira asinado este mércores, co obxectivo de responder unha vez máis ás demandas do sector. No acto, o conselleiro estivo acompañado polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Este Plan ten como obxectivo elaborar unha folla de ruta que responda ás necesidades e demandas da realidade do tecido industrial na nosa comunidade, un fin que só se pode acadar a través da cogobernanza e a colaboración con entidades que estean implicadas de cheo neste eido.

Durante a súa intervención, José González definiu o sector forestal “un dos máis fundamentais de Galicia”, xa que contribúe a cuestións como paliar o cambio climático e a fixar a poboación rural. Neste sentido, o titular de Medio Rural fixo fincapé na necesidade de configurar unha administración forestal forte, consolidada, activa e coordinada.

Neste sentido, o persistente compromiso do Goberno galego con esta industria, traducido liñas de axudas que buscan apoiar e consolidar ao sector. Seguindo esta liña, afirmou que nos últimos anos a Consellería do Medio Rural publicou, case cada mes, unha convocatoria de achegas públicas para este eido.

0.20088315010071