Luís Castaño consegue dous bronces no torneo internacional de Grappling

LugoXa
Luis Castaño, líder de Alpha Wolf Pack, acadou dous novos bronces no torneo International Grappling Industries, celebrado en Madrid.
Luis Castaño, Alpha Wolf Pack
5 Xul 2022

Luis Castaño, líder de Alpha Wolf Pack, vén de acadar dúas novas medallas para o equipo de loita. Fíxoo no torneo International Grappling Industries, celebrado en Madrid o pasado 2 de xullo.

Trátase dun prestixioso torneo internacional da promotora estadounidense co mesmo nome. A competición, na que Castaño conseguiu dous bronces, reuniu nas instalacións do colexio internacional Newman, a atletas de todo o globo.

Luis Castaño competiu na categoría Cinturón Negro, peso ata 145 lb, tanto con kimono como en Grappling (loita sen kimono). Despois de varios combates acadaba o bronce nas dúas seccións.

A vindeira competición para Alpha Wolf Pack será o Gran Premio de Galicia que terá lugar o 24 de setembro en Sada (A Coruña), ao que irán a lo menos, vinte atletas do equipo.

0.11167097091675