Luis César Sampedro, novo adestrador do CD Lugo
O CD Lugo xa ten novo adestrador. O club e Luis César Sampedro chegaron a un acordo na xornada deste martes, para a incorporación deste último como adestrador do primeiro equipo da entidade.
Luis César (Vilagarcía de Arousa, 1966) volta ao club lucense tres tempadas despois da súa anterior etapa, na que dirixiu ao cadro albivermello durante a campaña 2016/2017, conseguindo o noveno posto da competición.
Técnico de amplísima experiencia, segundo destacan desde o club lucense, atesoura tamén etapas en clubes como o Real Valladolid, Albacete Balompié, CD Tenerife, RCD de A Coruña ou o Gimnástic de Tarragona, equipo co que conseguiu o ascenso á Primeira División.
O novo técnico asina polo que queda de tempada e por outra máis. A súa presentación oficial será mañá, mércores 3 de marzo, no estadio Anxo Carro.