Luz verde ás solicitudes do Incio e Baleira para investir 56.500 euros na mellora de estradas

LugoXa | SarriaXa
Luz verde da Deputación ás solicitudes dos concellos do Incio e Baleira para investir un importe total de 56.500 euros.
estradas o incio
2 Xul 2021

A Deputación aprobou este venres as solicitudes dos concellos do Incio e Baleira para investir remanentes do Plan Único 2020 por un importe total de 56.500 euros.  O municipio da comarca de Sarria solicitou empregar 43.000 euros para o acondicionamento e a mellora de accesos nos núcleos de Romariz e Santo Eufrasio.

Pola súa banda, Baleira destinará 13.500 euros para o formigonado dun camiño na Carraceira.

“A Xunta de Goberno desta semana é un exemplo máis do compromiso deste Goberno e do presidente coa rede viaria provincial. Cada venres estamos aprobando novas actuacións importantes nas estradas de titularidade provincial, o que dá boa conta de que a mellora das comunicacións é unha prioridade”, destacou a deputada provincial. 

0.18116521835327