Luz verde no Día Mundial contra a Meninxite

LugoXa
O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial contra a Meninxite iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial a partires das 19.30h.
Concello de Lugo
24 Abr 2021

O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial contra a Meninxite, 24 de abril, iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial a partires das 19.30h co fin de visibilizar esta enfermidade e lembrar que hai que seguir loitando para derrotala.  

A petición, trasladada a alcaldesa de Lugo chegou a través da AEM (Asociación  Española contra a Meninxite), unha organización que representa a un numeroso  colectivo de sobreviventes desta enfermidade e as súas familias.  

A meninxite é unha enfermidade infecciosa que, lamentablemente, segue moi presente  na nosa sociedade; que produce graves secuelas, incluso a morte, e que é unha das  enfermidades que máis preocupan ás familias do noso país. A pesar de ser unha  enfermidade coñecida, a pandemia do coronavirus provocou unha desatención ao resto  de enfermidades como é o noso caso.

0.16478300094604