Maderne, na Fonsagrada, celebra as súas festas
LugoXa
A romaría comezará con misa solemne e sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón
Foto recurso
1 Ago 2024
Maderne, parroquia situada no concello lugués da Fonsagrada, celebra un ano máis as súas festas na honra á Virxe das Neves. A cita volve para o goce dos veciños e asistentes esta fin de semana. O programa da romaría comeza este sábado 3 de agosto ao mediodía, a partir das 13.00 horas, con misa solemne. seguida da sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón. A formación tamén será a encarga de poñer o toque musical pola noite e amenizar a verbena acompañada coa orquestra La Gira.