Mádia Leva organiza unha ruta pola historia de Lugo

LugoXa
O Centro Social Mádia Leva organiza unha ruta pola historia de Lugo este sábado 6 de abril.
3 Abr 2024

O Centro Social Mádia Leva organiza unha ruta pola historia de Lugo este sábado 6 de abril. A actividade parte da praza de Santa María ás 11.00 horas. Para levar a cabo a proposta, escolleron cinco feitos históricos sobre os que se desenvolve o itinerario.

Deste xeito, a través da ruta farase unha viaxe no tempo partindo da época de María Castaña, de Fernando Ares de Saavedra, dos Mártires de Carral e profundizarase no Proxecto da Constitución para o Estado Galego, así como na Celebración da primeira Asamblea Nacionalista.

0.074708938598633