Madialeva celebra este sábado unha nova foliada mensual con Cántigas e Frores

O Madialeva Centro Social organiza este sábado 11 de abril unha nova edición da súa foliada mensual, unha iniciativa que se consolida como punto de encontro para a música e a cultura tradicional.
A actividade, que se celebra de maneira habitual cada segundo sábado de mes, contará nesta ocasión coa participación do grupo Cántigas e Frores, referente na recuperación e difusión da música popular galega.
A foliada dará comezo ás 12.30 horas nas instalacións do centro social, onde veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada aberta arredor da música, o canto e o baile tradicional.
Con esta proposta, Madialeva continúa impulsando espazos de convivencia e participación cultural, mantendo vivas as tradicións e favorecendo o encontro interxeracional.