Máis de 1.000 xogadores participarán no IV Torneo de Nadal de fútbol sala de base

LugoXa
La IV edición del Torneo de Navidad de futbol sala acogerá a más de 1.000 deportistas de 66 equipos de Galicia y el resto de España.
Torneo de Nadal de fútbol sala
22 Dec 2021

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, acompañadado do xefe territorial de deportes, Manuel Otero "Cadramón” e o presidente do club ADC Lugo Sala, Marcos Pereira, presentaron este martes, a IV edición do Torneo de Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala que “reunirá a preto de 1.000 deportistas na nosa cidade” apuntaba.

O Concello de Lugo, colabora novamente nesta iniciativa, poñendo a disposición da organización as distintas instalacións deportivas necesarias para a celebración do evento. Esta edición do Torneo, contará con 66 equipos participantes, e reunirá a mil xogadores os cales competirán ao largo dos cinco días do campionato, “o que implica que este Torneo de Nadal, sexa un dos eventos de fútbol sala de base, máis importantes de noso país” apuntaba Repetto.

O IV Torneo de Nadal de fútbol sala de base, autorizado pola RFGF, disputarase en dúas fases. A fase autonómica, terá lugar o 27 e 28 de decembro de 2021, e reunirá a 66 equipos de Galicia; e a fase Nacional, que se disputará o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2022, e contará con 40 equipos de Galicia e resto de España.

Repetto, agradeceu o "traballo espectacular e ambicioso" que está a levar a cabo o club Lugo Sala, no deporte base da cidade, que é capaz de poñer a Lugo a nivel nacional en datas tan sinaladas a través deste torneo. Así mesmo, reiterou o compromiso de colaboración co deporte do Goberno de Lara Méndez.

A organización pola súa banda quixo “agradecer a implicación do Concello de Lugo co club, para poder celebrar un campionato desta magnitude”.

IV torneo nadal futbol sala
0.25034093856812