Máis de 1.200 persoas xa están inscritas no Circuíto Corre con Nós

LugoXa
O vindeiro sábado 10 de febreiro, a partir das 20 horas e como proba nocturna, celébrase na contorna de Ramón Ferreiro a primeira carreira do ano A un día do peche da listaxe, a Concellería de Deportes conta xa máis de 1200 atletas inscritos para participar no Circuíto Corre con Nós.
presentacion_corre_con_nos
presentacion_corre_con_nos
3 Feb 2024

O vindeiro sábado 10 de febreiro, a partir das 20 horas e como proba nocturna, celébrase na contorna de Ramón Ferreiro a primeira carreira do ano

A un día do peche da listaxe, a Concellería de Deportes conta xa máis de 1200 atletas inscritos para participar no Circuíto Corre con Nós. Este domingo 4 de febreiro ás 23.59 horas darase por pechado o prazo de inscrición para a primeira proba do XXII Circuito Larsa Corre Con Nós 2024 que se celebrará o vindeiro sábado 10 de febreiro no circuíto da Avenida Ramon Ferreiro, con saida e chegada na Praza Horta do Seminario.

Como consecuencia da celebración o mesmo día da carreira do Concurso de Disfraces Infantil, que terá lugar ás 17.00 horas e no que se prevé que participen un gran numero crianzas asiduas ás carreiras do Corre con Nós acompañadas dos seus pais ou nais, a organización determinou retrasar os horarios do inicio desta proba nocturna. Deste xeito, o horario de saída definitivo das probas será ás 20.00 horas na categoría Mini (2017-2019), ás 20.05 os de Sub12 (2013-2014) e Sub10 (2015-2016), a e cuarto para os da Sub16 (2009-2010) e Sub14 (2011-2012) e, por último, ás 20.30 horas para os adultos  (2008 e anteriores).

A partir do próximo xoves día 8 de febreiro e ata o mesmo día da carreira,  as persoas participantes poderán recoller o seu dorsal e o seu chip na tenda oficial do evento, Inter Sport Lugo. Unha vez rematado o período de rexistro, todas aquelas persoas incluídas no circuíto, poderán participar no resto de probas do Corre con Nós 2024, xa que, conservando o seu dorsal e o seu chip, simplemente deberan de estar atentos ós horarios e situacións dos próximos eventos para poder achegándose a liña de saída.

0.11024022102356