Máis de 100 pilotos participarán no Campionato de España de Motocross en Lugo
Máis de cen pilotos daranse cita esta fin de semana en Lugo que acolle o Campionato de España de Motocross no Circuíto Municipal Jorge Prado os días 25 e 26 de febreiro. Unha importante cita a nivel de referencia en toda Europa que será a segunda carreira do calendario e a última cita antes do mundial.
As tres categorías estrela da élite nacional que competirán esa fin de semana en Lugo son MXGP, MX2 e 125, unha proba na que participarán cerca de 150 pilotos e varios mundialistas que asistirán para preparar a tempada internacional.
Ademais estarán presentes tamén varios pilotos galegos de referencia mundial como Rubén Fernández, Yago Martínez e o lucense Jorge Prado que será esta a única proba do Campionato de España onde participará. Prado, que se amosou moi ilusionado por poder competir na súa casa, sostivo que é “un soño feito realidade”.
As entradas para acudir a este campionato nacional xa están a venda aquí, os menores de seis anos poden entrar gratuitamente e os rapaces entre 6 e 14 contan cun 50% de desconto. A organización anunciou que xa se venderon máis de 1.300 localidades.