Mais de 200 participantes daranse cita no Triatlón do Miño

LugoXa
A XXXIII edición do Triatlon do Miño, reunirá nesta edición a máis de 200 participantes, na área recreativa de Los Robles, en Lugo
Cartel Triatlón
2 Xul 2022

A Área Recreativa de Los Robles acollerá mañá a XXXIII edición do Triatlón do Miño, proba que contará con máis de 200 participantes. Está organizada pola AD Fefeme Triatlón do Miño, o Cidade de Lugo Fluvial e a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno e conta coa colaboración da área de Deportes do Concello de Lugo.

O Concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, fixo fincapé en que “Lugo é unha cidade volcada co deporte” e lembrou que “o Triatlón do Miño é unha das probas máis veteranas do caledario deportivo lucense, galego e español que reúne a deportistas de elite na nosa cidade”.

Todas as categorías participantes realizarán o mesmo percorrido, sobre distancia sprint, percorrendo un total de 750m de natación, no río Miño, 19,5 km. de ciclismo (3 voltas) na Estrada de Ombreiro, voltarán deixar a bicicleta na transición e rematarán realizando un percorrido de 5 Km (2 voltas) de carreira a pé no paseo Fluvial do Miño.

A saída masculina será ás 10.30 horas mentres que a feminina terá lugar ás 12.00 horas. En torno ás 13.45 horas será a entrega de premios.

0.15201210975647