Máis de 250 persoas participaron nunha xornada formativa sobre emprendemento na UNED

A UNED de Lugo acolleu unha actividade formativa que reuníu a máis de 250 persoas interesadas en explorar o emprendemento como unha alternativa real ao traballo por conta allea.
A sesión, de carácter práctico, motivador e cercano, abordou mitos arredor do emprendemento e proporcionou ferramentas útiles para quen se plantexa iniciar o seu propio proxecto profesional.
A xornada, cunha duración de dúas horas, foi conducida por Norman Veiga, emprendedor disruptivo e actual responsable dos programas de emprendemento do Concello de Lugo a través da iniciativa do CEI Nodus.
Durante a súa intervención, Veiga tratou temas clave como as motivacións para emprender, a identificación de ideas de negocio, a proposta de valor, o coñecemento do cliente obxectivo, a elaboración do plan de empresa, as formas xurídicas, e as opcións de financiamento e axudas dispoñibles.
O evento contou co formato híbrido, permitindo a participación tanto de maneira presencial como en liña, en directo e en diferido, o que garantiu unha ampla asistencia e implicación por parte do público.
Desde a UNED de Lugo, agredeceu a colaboración do Concello de Lugo e do CEI Nodus, cuxo compromiso co desenvolvemento económico e a formación emprendedora fixo posible esta enriquecedora xornada que apostou polo emprendemento como motor de cambio e innovación.