Máis de 400 escolares participan nos cursos de educación vial do Parque Infantil de Tráfico de Lugo

As instalacións do Parque Infantil de Tráfico do Parque da Milagrosa recibiu a visita de máis de 400 estudantes de distintos centro de Lugo que realizaron cursos de educación viaria na última semana.
A edi de Educación, Iria Buide, destacou que a Tenencia de Alcaldía continúa a traballar para mellorar estas instalacións e anunciou a renovación dos semáforos da instalación, o que permitirá, segundo declarou Buide, "auemntar as situacións que as nenas e nenos visitantes poden simular neste entorno seguro".
Ademais, explicou que, coa posta en marcha destes cursos, "recuperamos o funcionamento do PIT e traballamos na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Buide, que destacou a importancia desta formación "que se oferta a todos os centros de ensino que o desexen, traendo ao PIT ao maior número de estudantes posible".
Con todo, o Goberno de Lugo realizou este ano unha "mellora estética" da instalación, renovando a sinalización da pista, "o que permitirá unha boa calidade das actividades que xa están calendariazas ata final de curso", explicou Buide, quen engadiu "realizamos un importante esforzo para garantir que o PIT sexa unha instalación de referencia á hora de achegar formación en seguridade viaria e mobilidade ás persoas máis novas".
A Tenencia de Acaldía e a DXT traballan en conxunto para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".