Máis de 600 persoas participan na Festa da Terceira Idade de Outeiro de Rei este venres

LugoXa | TerraChaXa
Tras a misa, terá lugar a tradicional comida de confraternidade, un momento para o reencontro e a convivencia entre veciños e veciñas de toda a contorna
festa-maiores-outeiro-de-rei
3 Jul 2025

Outeiro de Rei acollerá este venres a 31ª edición da Festa da Terceira Idade, un evento xa consolidado no calendario festivo do concello, que terá lugar na área recreativa de Santa Isabel e contará coa participación de máis de 600 persoas.

A xornada festiva dará comezo ás 13:30 horas coa celebración dunha misa solemne oficiada por Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo, acompañado polos párrocos das distintas parroquias da provincia lucense.

Tras a misa, terá lugar a tradicional comida de confraternidade, un momento para o reencontro e a convivencia entre veciños e veciñas de toda a contorna. Ás 14:15 horas realizarase a entrega de premios, na que se homenaxeará ás persoas de maior idade do municipio, recoñecendo a súa traxectoria e contribución á vida comunitaria.

A continuación, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, dará a benvida oficial ás persoas asistentes, agradecendo a súa presenza e poñendo en valor o papel da terceira idade no desenvolvemento e identidade do concello.

A tarde estará amenizada polos cantos de taberna do grupo Son Outeiro e pola música do grupo Los Adrianos, que encherán de alegría e ritmo a área recreativa, pechando unha xornada marcada pola emoción, a música e o recoñecemento aos maiores.

⚙ Configurar cookies
0.15804600715637