Máis de 700 bailaríns de hip hop reúnese en Lugo nunha proba do Urban Dance Tour
O Pazo acollerá este domingo unha proba do circuíto de baile deportivo Urban Dance Tour, que reunirá máis de 700 bailarinas e bailaríns de corenta equipos de danza hip hop chegados de toda Galiza, entre eles os lucenses Star Dance –que organiza o evento– e Gravitty
A competición, que puntúa para a clasificación da Federación de Baile Deporte, iniciarase ás 14.00 horas, con espectáculos artístico-deportivos de equipos de diversas categorías, desde Baby (de 5 a 8 anos), pasando por Infantil, Junior, Youth, Absoluta ata Premium (maiores de 30 anos). Tamén se realizarán probas por equipos, que competirán en Parellas, Miniparellas, Individual e Minindividual.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na presentación do evento, que contou cunha demostración das máis pequenas e pequenos de Star Dance fixeron e na que estiveron tamén representantes do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia. No acto, os reresentantes do club Rubén Díaz -encargado da sección de hip hop- e Berta Figueras sinalaron que “a organización da proba supón unha grande responsabilidade pero tamén un privilexio e unha honra traer a Lugo un evento desta magnitude, que fomenta o deporte e a arte ao mesmo tempo”.
Efrén Castro valorou “a iniciativa de club que, organizando esta competición, demostra o bo facer do tecido deportivo lucense, especialmente dos clubs de base, nunha ampla variedade de disciplinas”.
A competición, que puntúa para a clasificación da Federación de Baile Deporte, iniciarase ás 14.00 horas, con espectáculos artístico-deportivos de equipos de diversas categorías, desde Baby (de 5
a 8 anos), pasando por Infantil, Junior, Youth, Absoluta ata Premium (maiores de 30 anos). Tamén se realizarán probas por equipos, que competirán en Parellas, Miniparellas, Individual e Minindividual.