Máis de 700 persoas uníronse en Lugo na Carreira Solidaria Memorial Profe Alberto do CPR Cervantes

LugoXa
A proba, con apoio da Deputación, recadou fondos para a investigación do glioblastoma, un tipo agresivo de cancro cerebral
premios--carreira-solidaria-CPR-Cervantes
26 May 2025

A contorna do Colexio Plurilingüe Cervantes de Lugo converteuse este domingo nun escenario de solidariedade e compromiso coa saúde e a ciencia, coa celebración da Carreira Solidaria Memorial Profe Alberto.

A cita, que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, reuniu a máis de 700 persoas de todas as idade, desde a categoría de “pitufos” ata a sénior, nunha xornada deportiva que tivo como finalidade recadar fondos para un proxecto de investigación sobre o glioblastoma, unha das formas máis agresivas de cancro cerebral.

A deputada de Cultura, Iria Castro, foi a encargada de entregar os premios aos gañadores das distintas categorías, nun acto marcado pola emoción e a lembranza da figura do profesor Alberto, homenaxeado nesta iniciativa.

Castro destacou o valor deste tipo de eventos “que mesturan educación, deporte, memoria e solidariedade”, e que, ao tempo que promoven hábitos saudables, contribúen á loita contra enfermidades que precisan de máis recursos e visibilidade.

⚙ Configurar cookies
0.16040921211243