Máis de 700 ximnastas reúnense en Lugo no Campionato Galego Escolar

LugoXa
Star Dance organiza xunto á Federación Galega de Ximnasia a cita na que participan escolas e clubs de todo Galicia nas categorías Sénior, Cadete, Infantil,  Iniciación, Prebenxamín, Benxamín e Alevín
campionato_ximnasia_lugo
Cartel do evento
23 Maio 2024

Lugo será o punto de encontro para máis de 700 de ximnastas de toda Galicia. Este domingo en Lugo, Star Dance organiza xunto á Federación Galega de Ximnasia o Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica  2024. No encontro participan escolas e clubs de todo Galicia nas categorías Sénior, Cadete, Infantil,  Iniciación, Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

O Pavillón Municipal de Deportes acolle o evento que comezará ás 9.15 horas e no que se citan clubs como o Filigrana, o Xirandela, Gravitty, o club Violeta ou o Club Star Dance. A partir das 10.30 horas terá lugar a competición de conxuntos Escolar (Sénior, Cadete, Infantil e Iniciación) e a entrega de premios comezará ás 13.45. Pola tarde, a partir das 15.45 é a quenda das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, cuxa entrega de premios será ás 18.30 horas.

0.10671305656433