Máis de cincuenta comercios participan hoxe nunha edición especial de comercio na rúa
Unha edición especial de Os mércores sáese celébrase hoxe durante todo o día no centro de Lugo. A actividade organizada por Lugo Monumental que durante todas as semanas os comercios do casco histórico sacan as súas mercancias á rúa celebra hoxe unha xornada especial.
Tras a pandemia a asociación animou aos comercios a darse a coñecer na vía pública, con autorización do Concello de Lugo, e a iniciativa segue funcionando a día de hoxe, cada vez con máis éxito. Por eso desde Lugo Monumental prepararon esta edición especial na que se convidou a participar a comerciantes tanto socios como non socios da entidade.
Esta edición os interesados que teñan os seus comercios fóra de murallas tamén estaban invitados a participar conxuntamente nun espazo na Praza de España e serán un total de 52 locais os que estarán presentes na rúas do casco histórico para dar a benvida a primavera.
Esta actividade contará con importantes descontos para os clientes que desexen desfrutar nun día que cunha excelente previsión meteorolóxica.
Os postos estarán abertos de 10:30 a 20:30 en horario continuado, e poden consultar a listaxe e ubicación no seguinte enlace