Máis de medio cento de persoas volveron a cortar este venres a N-540

LugoXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Reclaman que o arranxo anunciado polo Ministerio de Transportes comprenda toda a estrada, desde Cambeo ata Lugo, e non só a partir de Chantada
cortes-n-540
Cortes na N-540
25 Apr 2025

Os usuarios da N-540 volveron concentrarse esta mañá para esixir unha solución ao mal estado desta estrada que conecta Lugo e Ourense. Tal e como denuncian, leva anos sendo un verdadeiro perigo para os condutores, que se ven obrigados a desviar as súas traxectorias para esquivar as múltiples fochancas presentes ao longo de toda a vía.

Máis de medio cento de persoas cortaron, un venres máis, a estrada á altura de Vilela de Merlán, en Chantada, a pesar do anuncio do Ministerio de Transportes de iniciar en maio os traballos de rehabilitación do firme entre os quilómetros 0,000 e 68,900 da N-540 no seu paso pola provincia de Lugo.

Os usuarios, que celebran o anuncio do Goberno, esixen que as obras non se concentren unicamente no tramo de Lugo, senón que consideran imprescindible que a rehabilitación se estenda desde Cambeo, na provincia de Ourense, ata a súa chegada á capital lucense. "Pedimos que se arranxe a estrada desde o principio ata o final, non só tramos illados, e que os traballos rematen no 2025", explican nun comunicado.

⚙ Configurar cookies
0.11020588874817