Máis dun centenar de rapaces participan no campus Álex Llorca no Pazo dos Deportes
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado Daniel García achegáronse a saudar ás rapazas e rapaces que durante esta semana están participando no Campus Álex Llorca, organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón no Pazo dos Deportes en Lugo.
Son 123 participantes entre os 10 e os 17 anos, máis da metade de fóra da cidade ou de Galiza, entre eles rapazas e rapaces de Madrid, Canarias ou Cataluña.
Trátase da oitava edición consecutiva do campus do ex-xogador breoganista, que conta na dirección técnica con Mateo Rubio (CB Cornellá) e outras doce persoas como parte do equipo técnico e que rematará o domingo, despois dunha semana de actividade.
O Campus é unha oportunidade para que as rapazas e rapaces de fóra coñezan a cidade, xa que na axenda, ademais de sesións de preparación técnicas, teñen actividades de ocio e de visita á cidade.