Maite Ferreiro confirma un novo concerto para o San Froilán
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou un novo concerto a cargo de Dollar Selmouni para o San Froilán 2024. A Horta do Seminario contará o sábado 5 de outubro a partir das 22.00 horas cunha das voces soul do urban máis de rúa.
Ao longo da súa traxectoria deixou clara a súa versatilidade, pois tan pronto se achega ao R&B como ao flamenco urbano, sempre defendendo as súas dotes vocais sen necesidade de autotune ou efectos de son tan propios do xénero. Pero non soamente da súa voz vive Dollar, é un letrista avantaxado cunha escrita moi persoal alonxada de temáticas contemporáneas e máis achegadas ao romanticismo de antano, letras animadas e de superación que emocionan a todos os oíntes.
Logo dos seus álbumes de estudo “Los niños” (2019) e “Dollar Selmouni” (2021) o seu último EP “De callejón” (2023), este 2024 arrancou cunha serie de lanzamentos iniciados coa versión en vivo de “Mi Mera Mera” xunto ao maestro flamenco Rafael Riqueni, que conquistou a moitísimos oíntes mostrando, unha vez máis, a súa versatilidade.
Esta facilidade para no encasillarse fíxoo colaborar ao longo da súa traxectoria con artistas como Fernando Costa, co dúo granadino Ayax y Prok o Natos y Waor… e é que con calquer artista co que se xunte consegue o combo gañador. Adaptabilidade, eso sí, chea de alma e poesía.