Maite Ferreiro espera ter uns datos turísticos "espectaculares" para esta fin de semana
A concelleira responsábel de Turismo, Maite Ferreiro, afirmou que esta fin de semana a ocupación turística de Lugo estará próxima ao 100%, e destacou que a coincidencia do mundial de billar co Arde Lucus farán que Lugo sexa nesta fin de semana “o foco ao que mire moita xente” debido á gran promoción internacional das dúas citas.
Maite Ferreiro afirmou que “a cantidade de turistas que recibimos nos distintos postos do Concello non deixa de aumentar campaña a campaña”, e engadiu “a importante promoción de Lugo como destino turístico de calidade e o esforzo realizado pola área de turismo para que as visitantes reciban información de calidade están dando os seus froitos”.
Ferreiro afirmou que durante a vindeira semana se publicarán os datos de visitantes destes días, e declarou “nos últimos días puidemos ver un gran número de turistas nas rúas, os datos desta fin de semana, co Arde Lucus e o mundial de billar, serán moi bos, tal e como nos están a transmitir xa as e os profesionais do sector”.