Maite Ferreiro inaugurou as Xornadas Pedagóxicas da Rede Museística

LugoXa | RibeiraSacraXa
Maite Ferreiro inaugurou as Xornadas Pedagóxicas, que afondan nas posibilidades didácticas dos museos provinciais
xornadas pedagoxicas rede museistica
4 Maio 2023

Maite Ferreiro inaugurou onte á tarde as XXI Xornadas Pedagóxicas, organizadas pola Rede Museística Provincial, cun programa centrado en reforzar os vínculos dos museos provinciais coa comunidade educativa e contribuír a formación permanente do profesorado e do persoal máis directamente vinculado á función educativa en museos e centros culturais.

A vicepresidenta da Deputación, que estivo acompañada pola coordinadora das Xornadas Marta Arias, pola xerente da Rede Museística Encarna Lago e pola directora do Museo de Lugo Aurelia Balseiro, valorou “o traballo que desenvolve a Rede Museística Provincial para achegar os recursos dos museos provinciais aos centros educativos, con programacións específicas que se actualizan cada curso e con actividades pensadas sempre desde unha perspectiva inclusiva”.

As intervencións desta primeira xornada correron a cargo de Salvador Cidrás e Vicente Blanco, artistas plásticos e profesores da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo, cunha ponencia centrada en metodoloxías baseadas nas artes, e de Alejandro González Méndez e Noelia Pillado Fraga, mestres nos CEIP Eduardo Cela Vila deTriacastela e no CEIP de Samos, que falaron sobre a escola rural. Así mesmo, analizáronse as posibilidades didácticas dos recurso dos museos provincias e, en particular, da programación que se ofrece aos centros de ensino.

As Xornadas Pedagóxicas continuarán mañá venres no Museo Fortaleza de San Paio de Narla e os días 24 e 25 de maio no Pazo de Tor, co seguinte programa:

2ª xornada: 5 de maio de 2023

Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

  • 16:00-16:30h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Fortaleza San Paio de Narla
  • 16:45-18:00h.-A educación patrimonial centrada nos vínculos, por Olaia Fontal Merillas, doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Oviedo, directora do Observatorio de Educación Patrimonial en España.
  • 18:00-19:00h.-A programación escolar do Museo Fortaleza San Paio de Narla, a cargos dos auxiliares de sala da RMPL.
  • 19:00-20:15h.-Debate e clausura
  • 20:30h.-Regreso a Lugo.

3ª xornada: 24 de maio de 2023.

Lugar: Museo Pazo de Tor

  • 16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor
  • 16:45-17:30h.- Relecturas do patrimonio etnográfico desde a educación no Museo do Pobo Galego, por Ana Estévez Lavandeira, responsable de Educación e Acción Cultural do Museo Pobo Galego.
  • 17:30-17:45h.-Descanso
  • 17:45-19:00h.-
  • 19:00-19:45h.-Debate e clausura
  • 20:45h.-Regreso a Lugo.

4ª xornada: 25 de maio de 2023

Lugar: Museo Pazo de Tor

  • 16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor
  • 16:45-17:30h.-Educar para a utopía, por Gemma Carbó, doutora en Ciencias da Educación, directora do Museu Vida Rural da Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta de INTERARTS.
  • 17:30-17:45h.-Descanso
  • 17:45-19:00h.-A programación escolar dos museos da Rede Museística a cargo dos auxiliares de sala da RMPL.
  • 19:00- 19:45h.-Debate e clausura
  • 20:45h.-Viaxe de clausura
0.19162201881409