Maite Ferreiro pedirá ás administracións o mantemento da sinalización turística nas estradas cara a Lugo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que pedirá aos gobernos da Xunta e do Estado que garantan o correcto mantemento da sinalización turística nas estradas que comunican Lugo co resto da Galicia.
Ferreiro destacou que o Goberno de Lugo traballa na promoción "dun turismo sostible e de calidade", e afirmou que “para mellorar a experiencia das persoas visitantes, precisamos tamén da implicación das outras administracións para garantir a boa imaxe de Lugo, tamén nos accesos á cidade".
Ademais, afirmou que Lugo “é un destino turístico en crecemento, cunha oferta baseada na calidade, o patrimonio e a sustentabilidade".
A edil lembrou que “a proximidade de Lugo co resto do territorio galego é un dos principais eixos de promoción da cidade, polo que resulta imprescindible contar cunha sinalización clara e ben conservada que favoreza a mobilidade e a experiencia das persoas que elixen Galicia como destino turístico”.
Con todo, Ferreiro advertiu que “os sinais turísticos nas vías de acceso a Lugo están deteriorados, o que supón unha afección negativa á imaxe da cidade”, e aos executivos gobernos galego e estatal a “traballar da man para renovar, actualizar e manter en bo estado toda a sinalización turística, tanto nas estradas principais como nas secundarias”.