Maite Ferreiro presenta o programa do San Froilán Miúdo
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación que dará forma ao espazo infantil do San Froilán 2024, o San Froilán Miúdo. A edil de Cultura destacou que as actividades para público familiar son "un dos principais piares das festas", e destacou que a oferta deste ano "inclúe propostas para toda a familia chegadas non só de Galicia, senón de todo o estado, xunto con dúas compañías que veñen a Lugo desde Arxentina, Colombia e Portugal". O San Froilán Miúdo 2024 contará en total con 3 xornadas de xogos interactivos para toda a familia, 8 actuacións para todos os públicos na carpa da avenida Anxo López Pérez e 4 espectáculos itinerantes para todo os públicos, a celebrar entre o 5 e o 12 de outubro.
Maite Ferreiro afirmou que "no San Froilán facemos un importante esforzo coa programación para as nenas e nenos, traendo a Lugo espectáculos de calidade que permitan que as nenas e nenos poidan achegarse á cultura, e que o resto do ano participen das distintas actividades teatrais e de animación para todos os públicos".
Programación San Froilán Miúdo 2024
- 5 de outubro. Itinerante. Acorcircus de Fundación Tchyminigagua (Colombia).
Sinopse: Espectáculo de circo e acrobacias para toda a famlia. - 5 de outubro. Carpa do San Froilán Miúdo. Circus feria de Bambolea (Madrid).
Sinopse: Unha feira para desfrutala en famlia, xogos, risas e premios para todas e todos. - 5 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Incredible Box de Cia La Tal. (Catalunya).
Sinopse: Cando se estreou fai máis de 150 anos, THE INCREDIBLE BOX foi un éxito. Hoxe o director e dous excéntricos axudantes intentan manter a grandeza do Show. Pero a xenialidade non se herda, ainda que quizáis, o final, de tanto intentar ser magníficos pode que o consigan. - 6 de outubro. Carpa do San Froilán Miúdo. Larun de Jokai (Euskadi).
Sinopse: xogos inclusivos, autónomos, creativo e cooperativo promovendo as relacións interxeracionais e baseándose na mitología de Euskal Herria. - 6 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Tavole de Zirko Txosco (Euskadi/Galiza).
Sinopse: Un espectáculo de circo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas. - 7 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Rogelio III La Fête de Assircópatas (Galiza).
Sinopse: Un espectáculo de circo que fala sonbre a importancia de coidar ás amizades. Un alegato contra o absurdo das guerras. Unha reflexión sobre a paciencia. - 8 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Lullaby de Proyecto Kavauri (Andalucía).
Sinopse: Un dúo de acróbatas e pais primeirizos preséntannos un show de báscula e portes acrobáticos con saltos frenéticos e moita CONCILIACIÓN. - 9 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Coa música a outra parte de Trécola producións (Galicia).
Sinopse: Unha farsa de títeres a 4 mans, 14 personaxes e unha banda sonora en directo, unha obra de guiñol viva e natural. - 10 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Malabarian on the rox de Roxi Katcheroff (Arxentina).
Sinopse: Malabarian, reputado e elegante malabarista, vese nun apuro antes de comezar o show no que terá que intervir unha inesperada axudante coa que lle acontecen todo tipo de situacións. Ó final, conseguen saír airosos. Espectáculo cómico de malabares clásicos, e moito, moito humor. - 11 de outubro. Itinerante. The Yetis de Campi qui pugui (Catalunya).
Sinopse: Tres Yetis buscando un fogar polas rúas de Lugo. Un espectáculo que fala da sostenibilidade e da importancia do coidado da nosa contorna ao tempo que nos divirte. - 11 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. Mute de Oran Bi (Euskadi).
Sinopse: Un hilarante espectáculo no que a través da disciplina artística da percha acrobática o público desfrutará coas formas imposibles das súas piruetas cun sorriso permanente na cara.
Premio ao mellor espectáculo de Euskadi na Umore azoka en Leioa no 2022. - 12 de outubro. Itinerante. Rag & Bone de Xip Xap teatre (Catalunya).
Sinopse: Un trapeiro e o seu axudante percorren a cidade co seu camión. Espectáculo itinerante de títeres, risas e falcatruadas. - 12 de outubro. Itinerante. Go go street de Mimo's dixie band (Portugal).
Sinopse: Espectáculo itinerante cun sonido dixieland que converterá a cidade nunha pequena New Orleáns con moito humor, circo e interacción co público. - 12 de outubro. Carpa do San Froilán Miúdo. Juega a lo grande (Asturias).
Sinopse: Xogos artesanais de madeira, apunta, dispara, constrúe, golpea, lanza, acerta, un divertimento para toda a familia. - 12 de outubro. 18.30h. Carpa do San Froilán Miúdo. III Festival de Cultura Tradicional do San Froilán miúdo.
Sinopse: Mostra de baile e canto tradicional para toda a familia.