Maite Ferreiro valora o Lugo Music Festival 2002 e traballa xa nun novo encontro

LugoXa
Maite Ferreiro mantivo unha xuntanza para avaliar a edición 2022 do Lugo Music Festival e comezar a traballar nun novo encontro
Reunion maite ferreiro
24 Oct 2022

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza co presidente da asociación de directores de orquestra, Cristóbal Soler, e coa mezzosoprano Lorena Valero, para avaliar o traballo realizado na edición 2022 do Lugo Music Festival e comezar a traballar nun novo encontro. Maite Ferreiro destacou esta cita “como unha gran promoción da cidade, convertendo as rúas de Lugo nun escenario importante para a formación das directoras e directores e cantantes que participan no encontro.”

Ferreiro destacou que con esta inciativa a área de Cultura e Turismo “busca achegar a Lugo un turismo de calidade, fuxindo das masificacións e apostando por unha ampla actividade cultural que poidan desfrutar tanto as veciñas e veciños de Lugo como as persoas que se achegan a pasar uns días”, e engadiu “actividades como o Lugo Music Festival permítennos cumplir este obxectivo, posicionando a Lugo como un punto importante na formación musical”.

A primeira edición do Lugo Music Festival contou coa participación de 14 directoras de orquestra e cantantes, que chegaron a Lugo procedentes de cidades galegas e do estado, ademais de participantes de outros países como Filipinas, México ou Colombia.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19554996490479