Malestar nos veciños da Ponte a causa das novas liñas de autobuses

LugoXa
Na xuntanza entre os veciños e a federación Lucus Augusti tratáronse os problemas ocasionados coa nova ordenación de autobuses urbanos.
27 Maio 2021

A Federación de AA.VV. de Lugo Lucus Augusti representada polo seu presidente Jesús Vázquez Varela e o seu secretario Luís Abel Fernández, mantivo unha xuntanza cos veciños do Barrio da Ponte de Lugo no día de hoxe, á cal tamén asistiron representantes da Asociación de Veciños do propio barrio xa mencionado. 

Na xuntanza tratáronse principalmente problemas ocasionados coa nova ordenación de autobuses urbanos na que, os veciños do barrio da ponte, teñen a concepción de que perden multitude de servizos.

Actualmente, as liñas que cobren o barrio son dúas, a 2 e a 7A. A primeira vai dende a Estrada Vella de Santiago, A Ponte, Volta dá Viña, Rolda da Muralla, Avda. da Coruña, Illas Canarias e Camiño do Souto; a segunda cubre o traxecto do cemiterio ata As Gándaras.

Coa nova ordenación das novas liñas, só se dispoñería da liña 10 que sae do Hotel Santiago e vai ata a Avenida de Ramón Ferreiro baixando por Pintor Corredoira e volta ao barrio. "Esta nova ordenación supón para os veciños perder servizos como o centro médico das Illas Canarias, o mercadillo de Frigsa, o centro social de Frigsa, o Gustavo Freire, o cemiterio e o mercado da Praza de Abastos, entre outros. Tampouco se poderá desprazarse polo barrio en autobús e, por tanto, as persoas maiores non poderán ir á certos comercios do barrio. Entendemos que cando se fai un cambio é para mellorar e neste caso entendemos que non se mellora nada ", sinalan dende a Federación Lucus Augusti.

0.20366597175598