Mañá abre o prazo de inscrición para a San Silvestre da Fonsagrada

LugoXa
A San Silvestre da Fonsagrada abre mañá o seu prazo de inscrición para todas aquelas persoas que queiran participar
San silvestre fonsagrada portada
San silvestre fonsagrada portada
11 Dec 2022

O Concello da Fonsagrada, dende a Concellería de Deportes, organiza o vindeiro 31 de decembro a carreira popular San Silvestre.

A carreira que dará comezo ás 18.00 será apta para todos os públicos e contará cunha distancia de 3km para os adultos e de 1,5km para os nenos e nenas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns 12 de decembro nas oficinas do Concello cun prezo de 1€. Todo o recadado irá destinado a Asociación Española contra o Cancro.

Dende a organización rogan acudir con algunha caracterización do Nadal.

San Silvestre foonsagrada
0.15464496612549