Mañá acenderase as luces de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal
No día de mañá, 23 de novembro procederase ao acendido das luces de Nadal na Praza de Abastos e do Mercado Municipal.
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que mañá se realizará o acendido das luces de Nadal da Praza de Abastos e do Mercado Municipal. Cristina López afirmou que "co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que se venden nestas dúas instalacións históricas".
25 de novembro
A concelleira de Participación anunciou tamén que de cara ao 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, a área de Participación decorará a Praza de Abastos con elementos que fagan referencia á eliminación da violencia contra as mulleres. Cristina López afirmou que "a violencia machista é unha verdadeira pandemia letal para milleiros de mulleres en todo o mundo", e engadiu "queremos que a veciñanza lembre que a violencia machista segue aí e precisa máis ca nunca de visibilización e concienciación".