Mañá elimínase a cita previa nas piscinas municipais lucenses nalgúns horarios

LugoXa
O Concello de Lugo informa que se elimina a cita previa nas Piscinas Municipais de Frigsa e As Pedreiras nalgúns horarios.
piscina Frigsa Lugo
2 Nov 2021

O Concello de Lugo informa que a partires do mércores, 3 de novembro, se elimina a cita previa nas Piscinas Municipais de Frigsa e As Pedreiras nalgún dos tramos de horarios.

De tal xeito que “os deportistas poderán acceder libremente ata acadar o aforo do 90% permitido nas instalacións, feito que será controlado polo persoal”, segundo explican, ao tempo que lembran que permanecerán en vigor o resto das normas sanitarias establecidas, a fin de cumprir os protocolos e garantir a seguridade dos usuarios.

Así, de luns a venres o horario na piscina de Frigsa sen cita previa será de 7:00 a 15:45 e con cita de 15:45 a 22:30 horas. Na das Pedreiras sen cita previa será de 8:00 a 15:30 e con cita de 15:30 a 22:30 horas.

Os teléfonos das piscinas son 982 297 423 Frigsa, e, 982 297 310 As Pedreiras.

A partir do 3 de novembro, todos os sábados e domingos as Piscinas Municipais terán o acceso libre ata acadar o aforo do 90% permitido nas instalacións, en horarios tanto de mañá coma de tarde e ambas as dúas piscinas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1877498626709