Mañá saen á venda as entradas para a nova edición da Candeloria

LugoXa
A Candeloria volve cunha nova edición para marzo de 2023. Mañá saen a venta as primeiras entradas con hai catro artistas confirmados
Candeloria portada
30 Out 2022

O festival da Candeloria anuncia unha nova edición para marzo de 2023.

Baixo o lema A penúltima sempre se tomou a organización anuncia a volta do festival que non se celebra dende 2019. O evento terá lugar o 4 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e xa están os primeiros artistas confirmados.

Lendakaris Muertos, Boikot, Sondarúa e Me Fritos & The Gimme Cheetos son os artistas que compoñen o cartel que avanzou a organización.

As primeiras entradas estarán a venta mañá luns ás 12.00 a un prezo de 20€.

A organización ten aberto un sorteo nas súas redes sociais e anuncia que aínda quedan bandas por confirmar

0.19600200653076