Mañá terá lugar en Outeiro de Rei unha charla sobre os dereitos dos consumidores

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei organiza para o mércores 17 de xaneiro, no salón de actos da casa da cultura ás 17:30 horas, unha xornada informativa sobre Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar.
xornada consumidor outeiro de rei portada
16 Xan 2024

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o mércores 17 de xaneiro, no salón de actos da casa da cultura ás 17:30 horas, unha xornada informativa sobre Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar.

A sesión está promovida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia e ten como obxectivo dar a coñecer os dereitos que temos como persoas consumidoras en materia de prezos, garantías de produtos e servizos, durabilidade dos produtos e como poder reclamar en supostos de bens/servizos defectuosos ou faltas de conformidade.

0.19919490814209