Maneiras de recibir

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A psicoloxía da man de Noelia Yáñez que nos leva á interiorización do ser humano, os seus sentimentos e todo o que o rodea.
Noelia castro
10 Oct 2022

Noelia Castro Yáñez

Estou a ler El arte de dar y recibir, un compendio de textos clásicos traídos da sabiduría clásica que presenta ideas atemporais para lectores contemporáneos, textos prácticos para a vida moderna. Anacos de reflexións desas que fan que te fagas preguntas.

Iso sumado a que todos os días teño mínimo dunha hora de coche para escoitar algún podcast que acostuman a versar sobre filosofía, pois a meirande parte deles acompáñanme no traxecto a modo copiloto automático, coma os señores que prenden a televisión para escoitar ruido de fondo e atenuar así unha viuvez triste e soa.

Porque acostumo a ir a pensar nas clases no traxecto de ida e nas paixóns no traxecto de volta, pero algunhas veces, coma na vida, reparo no que están a falar. Dicía esta semana un xornalista que os lectores deberiamos subscribirnos a distintos xornais para ter unha mirada non sesgada da actualidade, para ter un abano de ideoloxías e así poder filtrar toda esa información para construir a nosa propia realidade.

Coido que un xornal xa debera ser iso, un conxunto de xornalistas que no caso dos columnistas teñan xeitos diferentes de pensar e así nolo transmitan. A min, coma el que falaba, tamén me gusta escoitar aquilo que non sempre quero oír para ver se me fai cambiar de opinión. Mesmo para reafirmarme na miña postura, como finalidade principal do debate, escoitar distintas posturas coas que non teño por que estar de acordo, pero si debo respectar. Por todo isto e moito máis, eu tamén vos vou a deixar por escrito un par de pequenos anacos de min, de trociños pequenos de cousas que penso.

“Entre os moitos e moi variados defectos das personas descoidadas e neglixentes, poucos son peores que o de non saber dar nin recibir” Resúltame sumamente complicado discernir que é peor, se rexeitar o recibido ou esixir compensación polo dado. Coido que estamos a perder esa bondade de dar polo mero feito de entregarnos e facer felices aos outros, e non falo tan só de cousas materiais, falo de tempo, de paseos para escoitar preocupacións que nos sexan alleas, de ir a sitios onde non escolleriamos ir polo feito de facermos felices a quenes nos agardan alí. Lonxe de estarmos afastándonos da nosa saúde mental e da nosa paz interior, creo que así nos achegamos cada vez máis a ela. Porque lamento comunicarvos, que poucas cousas fan máis felices ás persoas ca axudar. Porque a felicidade é querer, pero por suposto, tamén ser querido.

Pasar tempo cos que queres, e da igual onde, sempre é con quen. Debemos aprender a recoñecer os indicios, un corazón grande é o que practica a xenerosidade sen agardar nada a cambio, o que se afana en atopar boas persoas e achegarse a elas, aínda logo de coñecer as peores. Con isto tamén debemos aprender a recibir, porque tratar un regalo ou favor coma unha especie de factura, é propio de usureiros.

Dixo Marx que a relixión é o opio do pobo, pero moi lonxe de apoiar institucións, creo que aferrarnos ás nosas crenzas nos da esperanzas, crer que facer o ben nos vai a levar a un estado de paz, sentirnos ben con nós mesmos cando cremos actuar de corazón e descansar tranquilos porque obramos segundo o noso criterio, nunca procurando o mal alleo a sabendas, bendita sexa esa relixión que escollemos uns poucos. Por eso mesmo, eu non creo en amuletos, nin en supersticións, pero tampouco nas casualidades.

Calquera que pasase por Foz en verán, saberá de Lampe, el foi o que me amarrou dous cordóns no pulso dereito en dous veráns sucesivos. Aí permaneceron moito tempo, por iso miro con ollos laimeiros a todos os que agora levan o fío vermello na man esquerda pola lenda chinesa, porque imaxino que todos nos aferramos a aquelo no que queremos crer.

A cuestión foi que este domingo madruguei, como acostumo a facer cando preciso de paz, e decidín ir almorzar cun home, que malia telo todo, sinte que non ten nada, porque sentirte só tamén é unha maneira de non ter nada, e cando me foi dar a man en sinal de agradecemento, caeu o fío de Lampe ao chan, rompeu, imaxino que tamén para recordarme que estaba no camiño que me fai feliz.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16532397270203