Manolo Cadenas dirixirá unhas xornadas de tecnificación do Millaven CPLucense

O Millaven CPLucense organiza unhas Xornadas de Tecnificación dirixidas aos xogadores e xogadoras do club lucense este martes 15 e mércores 16 de abril na Casa do Deporte de Lugo.
Durante estas xornadas, contarán coa presenza do adestrador leonés de balonmán Manolo Cadenas, quen se encargará de dirixir as sesións de tecnificación.
Cadenas, exseleccionador nacional e figura de referencia no balonmán español e internacional, compartirá a súa experiencia e coñecementos en unhas sesións de adestramento que prometen ser diferentes, intensas e moi enriquecedoras.
Será unha oportunidade única para que os deportistas do club continúen co seu crecemento técnico e táctico da man dun dos grandes referentes deste deporte.
“Será unha honra contar coa presenza de Manolo Cadenas, un profesional cunha traxectoria intachable e cunha enorme capacidade formativa. Agardamos que estas xornadas marquen un antes e un despois na evolución dos nosos xogadores”, destacan desde a directiva do club.