Mantense a prohibición de realizar queimas agrícolas ata novo aviso

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Tendo en conta a variabilidade das previsións do tempo para os vindeiros días, non se concederán comunicacións nin autorizacións.
queima, lume
30 Sep 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que hoxe remata a tempada de alto risco de incendios forestais na nosa comunidade. Porén, as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.

Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal. 

A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20281100273132