Mantense aberto o prazo para participar no ciclo ‘Na Calzada’, que apoia o talento musical

LugoXa
A área de Cultura da USC mantén aberto o prazo de presentación de candidaturas para participar no ciclo ‘Na Calzada’, un programa promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, a través do que se dá cabida a talentos musicais, xa consolidados ou en fase de formación, ligados coa comunidade universitaria, a fin de que poidan presentar a súas respectivas creacións ao abeiro do Lugo Cultural.
18 Feb 2024

As persoas que forman parte da comunidade universitaria interesadas en participar nos concertos programados os días 18 de marzo e 8 de abril na sede universitaria luguesa poden enviar xa as súas respectivas propostas ao enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal. Unha vez valoradas todas as candidaturas, a organización dará conta da súa decisión o vindeiro 5 de marzo.

0.17488789558411