Manu Lombardía renova a fronte do FSF Castro
TerraChaXa | LugoXa
Manu Lombardía, adestrador do Bloques Cando FSF Castro, continuará un ano máis a fronte do equipo feminino de fútbol sala.
8 Jun 2021
Manu Lombardía, adestrador do Bloques Cando FSF Castro, continuará un ano máis ao fronte do equipo feminino de fútbol sala, que pecha unha magnífica tempada.
Como avanzou o club "só podemos agradecer a Manu toda a labor realizada a pasada tempada e esperamos que esta sexa aínada mellor, tamén agradecerlle todo o cariño e paixón que demostra á familia vermella".
Esta non foi a única renovación, xa que continuará tamén no equipo técnico Niky como preparador físico.