Manuel Manquiña despide a súa nova obra en Lugo

LugoXa
Chega ao Gustavo Freire coa última función Todo Nunha Noite, unha das obras máis importantes do panorama galego que conta xa con máis de 8.000 espectadores
Manquina
Manuel Manquiña
28 Maio 2024

Manuel Manquiña aterra en Lugo o vindeiro 29 de xuño ás 20.00 horas no auditorio municipal Gustavo Freire coa última función da xira de Todo Nunha Noite, unha das obras máis importantes do panorama galego que conta xa con máis de 8.000 espectadores.

Protagonizada por Manquiña e Sabela Hermida e dirixida por Darío Autrán, a obra conta a historia dun director teatral que convence á súa musa para que cambie de rexistro e deixe de lado a súa exitosa carreira de comedia para somerxerse de vez en cando no drama.

Sesenta minutos de risas, contradicións e moito alcol fan desta obra unha das apostas máis importantes no panorama teatral galego. Autrán acaba de recibir o premio ao mellor director en Nova York no Universal Film Festival pola súa película El Tirabeque, e Sabela Hermida é unha das actrices fundamentais de Galicia que segue en xira con varias das súas obras como Política Sentimental, Manar ou xunto á compañía Bucaneros.

0.073039054870605