Mar Piñón e Lía López, gañadoras da fase local do Certame de Poesía de Nadal de Monterroso

A concelleira de Monterroso, Jessica Rodríguez, entregou os diplomas e premios ás monterrosinas Mar Piñón e Lía López, gañadoras da fase local do Certame de Poesía de Nadal.
A concelleira agradeceu a presenza no acto de Sagrario, traballadora municipal recentemente xubillada e encargada do concurso ata o de agora.
Ambas as premiadas aproveitaron para ler os seus poemas no Espazo Cultural Lorenzo Varela diante dos compañeiros e compañeiras da ocioteca.
Con estes traballos participan na fase provincial do certame na que o Goberno local lles desexa moita sorte.