Marcelle acolle un curso sobre rescate de fauna salvaxe

LugoXa | TerraChaXa
Terá lugar os días 26 e 27 de outubro e o prazo de inscrición remata o 24
curso-rescate-fauna-salvaxe-marcelle
11 Out 2024

Marcelle Natureza acollerá este mes de outubro un novo curso sobre Rescate de fauna salvaxe desde unha perspectiva internacional a través de diferentes relatores.

En primeiro lugar, a representante da IUCN de Latinoamérica e especializada en primates, Rosalía Pastor, que tratará temas relacionados coa problemática da tenencia de primates.

Olga Martín, representando á Fundación de Centros de Rescate e Santuarios Europeos, desde Holanda, abarcará as posibles solucións aos milleiros de animais salvaxes que se atopan en situación de necesidade.

Pedro Abad, responsable do Centro Karpin, en Biskaia centrarse en como un parque zoológico converteuse nun centro de rescate animal.

E por último, o persoal do centro de Marcelle que falará sobre as consecuencias clínicas do pasado dalgúns dos animais, así como aprender a analizar as instalacións desde un punto de vista do benestar animal.

Este curso desenvolverase os días 26 e 27 de outubro e as persoas que desexen participar deberán anotarse na web marcellenaturaleza.com

O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de outubro ou ata completar prazas. Ten un prezo de 125 euros e está dirixido principalmente a estudantes, técnicos e profesionais do ámbito da fauna salvaxe.

0.18251776695251