María de los Ángeles Verea Castelo recibirá o premio do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares
A Casa de Cultura de Guntín acollerá un acto aberto ao público ás 19.30 horas no que terá lugar a entrega do premio do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares á profesora de Historia María de los Ángeles Verea Castelo, que resultou gañadora co traballo 'A explotación de arxila e a súa transformación nas terras do Condado de Pallares'.
O premio está promovido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta, da Área de Cultura da Deputación; dos concellos de Guntín, Taboada e Chantada, de Caixa Rural Galega e dos grupos de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo e Miño-Ulla.
O Certame Condado de Pallares ten unha dotación de 3.000 euros e a publicación do traballo gañador e nesta ocasión o xurado integrado por Carlos Baliñas Pérez, Gonzalo Fernández Suárez, Fernando Arribas Arias e Eduardo Fernández Ares, destacou a orixinalidade do tema elixido por María de los Ángeles Verea.