María José Gómez pon en valor a romaría popular de San Salvador de Vilar de Donas

LugoXa
"Este evento pon de relevo a conciencia de mellora e respecto polo medio ambiente", dixo.
romaria-popular-vilar-de-donas
Un momento da romaría
4 Ago 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu á romaría popular na honra a San Salvador e en defensa da Galicia Verde, que se celebra na parroquia de Vilar de Donas do concello lucense de Palas de Rei. Alí reuniuse cos veciños e destacou a importancia de conservar e valorar a paisaxe galega así como a calidade de vida do rural.

"Este evento pon de relevo a conciencia de mellora e respecto polo medio ambiente e, á vez, trátase dunha actividade enriquecedora da convivencia, que fomenta o recoñecemento da contorna natural na que se desenvolve", dixo.

0.15892195701599