María José Gómez toma posesión como xefa territorial de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades

LugoXa
María José Gómez tomou posesión esta mañá como nova xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Posesion xefa territorial
1 Ago 2022

María José Gómez tomou posesión esta mañá como nova xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias. A nova xefa territorial xa viña desenvolvendo funcións na administración autonómica ao ser xefa do servizo de Coordinación Cultural e Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo, cargo que compaxina co de alcaldesa do Concello de Guntín.

Licenciada en Humanidades e en Filoloxía Inglesa, antes da súa incorporación a tarefas de responsabilidade pública, foi docente durante 11 anos no IES de Palas de Rei e no IES de Monterroso.

Nunha primeira xuntanza co delegado territorial da Xunta en Lugo, Arias agradeceu a súa dedicación pública ao longo destes anos ao mesmo tempo que lle puxo ao día dos asuntos educativos na provincia, xa inmersos nos preparativos do vindeiro curso académico, para dar continuidade ao labor da súa predecesora, Mariña Gueimunde, a quen agradeceu o seu traballo e compromiso ao longo dos últimos anos.

0.19059300422668