María Mouriz, nomeada coordinadora de Novas Xeracións na cidade de Lugo

LugoXa
Novas Xeracións da cidade de Lugo segue aumentando o seu equipo de traballo.
maria mouriz pp novas xeracions lugo portada
maria mouriz pp novas xeracions lugo portada
26 Nov 2023

Novas Xeracións da cidade de Lugo segue aumentando o seu equipo de traballo. Así foi nomeada como coordinadora xeral María Mouriz durante unha xuntanza celebrada este sábado na que participaron a presidenta do PP da provincia e voceira municipal, Elena Candia, e a presidenta de NNXX Galicia, Nicole Grueira.

NNXX reforza así o seu comité directivo local co nomeamento dunha rapaza do barrio da Milagrosa que os compañeiros da formación xuvenil definen como “humilde, traballadora, preparada e, sobre todo, cunha gran calidade humana”.

Trátase dunha incorporación ao equipo que xa traballa pola mocidade lucense e que está “disposta a colaborar”.

maria mouriz pp novas xeracions lugo
0.12308406829834