María Quiroga gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2025 coa súa primeira novela

LugoXa
"Perder o norte" narra unha viaxe interior e física marcada pola perda, a memoria e a busca de sentido
María-Quiroga
13 Nov 2025

A lucense María Quiroga fíxose co Premio Illa Nova de Narrativa 2025 coa súa primeira novela, Perder o norte, unha obra que combina sensibilidade e introspección nun percorrido por territorios físicos e emocionais.

A novela aborda a perda dunha persoa querida, os recordos que se repiten na memoria, as palabras que nunca se chegan a dicir e a culpa que xorde sen remedio. Unha viaxe en bicicleta convértese nunha metáfora da busca de sentido, un tempo para reflexionar, reencontrarse e compartir experiencias con outras persoas que tamén percorren o Camiño coas súas propias cargas emocionais.

Residente en Suíza, María Quiroga escribe desde nena e formouse en Neurociencias en Edimburgo e en Medicina en Madrid. En 2020, estivo vinculada á Fundación Gala para Creadores Novos, onde profundou no seu traballo literario.

⚙ Configurar cookies
0.094238996505737