Marica Campo recibe o premio Mil Primaveras Máis da Taberna do Saa

LugoXa | SarriaXa
A Despensa do Saa homenaxea a escritora e animadora cultural cun acto poético e musical no que tamén participou a súa irmá
Marica-Campo-Despensa-do-Saa
30 Jun 2025

A Taberna Cultural A Despensa do Saa entregou o premio Mil Primaveras Máis, recoñecemento que na súa primeira edición foi concedido á escritora e animadora cultural do Incio Marica Campo.

O acto contou cun recital de composicións poéticas da autora homenaxeada, unha delas a cargo da súa irmá Tareixa, quen evocou lembranzas da infancia compartida que axudan a perfilar o carácter da premiada.

A música correu a cargo de X.M. Do Castro, que acompañou a celebración cunha intervención que contribuíu a crear un ambiente íntimo e emotivo. O titular da Despensa do Saa, Xosé Manuel Saa, foi o encargado de facer entrega do galardón, simbolizado nun deseño elaborado polo artista lucense Leandro.

A entrega do premio Mil Primaveras Máis supón un recoñecemento ao labor literario e á traxectoria vital de Marica Campo, cuxa obra e compromiso cultural deixaron unha fonda pegada no panorama galego.

⚙ Configurar cookies
0.1844539642334